Durante o presente curso o club de lectura funcionou baixo as condicións nas que foi creado: 1 xuntanza mensual de lectura compartida durante a sesión, adaptándose ás características, diferentes niveis de comprensión e intereses do alumnado. O grupo funcionou de xeito estable durante todo o curso cun total de 6 alumnas e alumnos de 4º de ESO.
Inicialmente fíxose unha proposta de títulos que foi modificada xa que o nivel de comprensión lectora e o ritmo foi maior do que se agardaba. Os títulos que se traballaron durante as sesións foron os seguintes:
- Narrativa
Cartas de amor, Fran Alonso.
Wonder (La lección de August), R.J. Palacio
- Poesía
Aplicación instantánea, Carlos Negro.
- Álbum ilustrado
Emigrantes, Shaun Tan
El árbol rojo, Shaun Tan
Los conejos, Shaun Tan
El pato y la muerte, Wolf Erlbruch
El elefante encadenado, Jorge Bucay
O alumnado do club de lectura nun obradoiro de cómic.