Preparación e primeira sesión do club de lectura nº 9

Este é un novo percorrido na experiencia lectora de dúas alumnas de 1º de FP Básica.

Antes da primeira xuntaza fixemos unha breve sesión informal que organizamos conxuntamente coa titora do grupo. Unha vez feitas as presentacións persoais explicamos a proposta e o funcionamento para saber se querían formar parte do club.  E como a resposta foi afirmativa, pasámoslle un cuestionario para coñecer os seus intereses e decidir os títulos valorando as súas preferencias.

E chegou a primeira sesión, as dúas esperaban con impaciencia o día. Comezamos coa lectura en voz alta de “Siete reporteros y un periódico” de Pilar Lozano Carbayo.