3. Sobre o club nº 9

De lectura accesible  comezou o seu percorrido o curso 2017-2018 como unha iniciativa de Biblioribeira para promover a participación do alumnado con necesidades educativas especiais na actividade do club de lectura. O club enmárcase dentro dunha longa traxectoria da biblioteca escolar  promovendo a inclusión e a accesibilidade.

O Plan LÍA 2016-2020 de bibliotecas ten como un dos principais obxectivos “pensar a biblioteca escolar como unha biblioteca inclusiva para unha mellor atención da diversidade”

O club número 9 de Biblioribeira  segue o funcionamento do resto de clubs que xa funcionaban ata agora, reúnese unha vez ao mes en horario de 15:00 a 16:00.

 

Glosario de termos:

  • Diversidade: variedade, pluralidade, diferenza… (diversidade cultural, funcional, étnica, lingüística, biolóxica…)
  • Inclusión: (no ámbito educativo) a resposta que debe dar a escola a todas as nenas e nenos e que valora a diversidade en xeral como un elemento enriquecedor.
  • Accesibilidade:  condición necesaria para a participación social de todas as persoas.
  • Lectura fácil: ferramenta de comprensión e fomento da lectura para garantir a accesibilidade á cultura a todas as persoas.
Advertisements