Curso 2018-2019

Durante o presente curso o club de lectura funcionou baixo as condicións nas que foi creado:  1 xuntanza mensual de lectura compartida durante a sesión, adaptándose ás características, diferentes niveis de comprensión e intereses do alumnado. O grupo funcionou de xeito estable durante todo o curso cun total de 6 alumnas e alumnos de 4º de ESO.

Inicialmente fíxose unha proposta de títulos que foi modificada xa que o nivel de comprensión lectora e o ritmo foi maior do que se agardaba. Os títulos que se traballaron durante as sesións foron os seguintes:

  • Narrativa

Cartas de amor, Fran Alonso.

Wonder (La lección de August), R.J. Palacio

  • Poesía

Aplicación instantánea, Carlos Negro.

  • Álbum ilustrado

Emigrantes, Shaun Tan

El árbol rojo, Shaun Tan

Los conejos, Shaun Tan

El pato y la muerte, Wolf Erlbruch

El elefante encadenado, Jorge Bucay

 

This slideshow requires JavaScript.

 

O alumnado do club de lectura nun obradoiro de cómic.

This slideshow requires JavaScript.

Apropiarse de “Un mundo propio”

This slideshow requires JavaScript.

Un mundo propio de Laura Carlin foi desta volta a lectura que escollemos para a sesión.

  1. Ler a historia en voz alta
  2. Disfrutar con ela comentando as posibilidades indicadas pola autora como referencia para falar dos nosos mundos.
  3. Sacar fotos da contorna dende o Palacio das Sete Xanelas
  4. Modificar a contorna con rotus e imaxinación.

Esta lectura chegou ao centro a través dunha maleta de álbum ilustrado do CEFORE de Vigo que vos recomendamos.

Preparación e primeira sesión do club de lectura nº 9

Este é un novo percorrido na experiencia lectora de dúas alumnas de 1º de FP Básica.

Antes da primeira xuntaza fixemos unha breve sesión informal que organizamos conxuntamente coa titora do grupo. Unha vez feitas as presentacións persoais explicamos a proposta e o funcionamento para saber se querían formar parte do club.  E como a resposta foi afirmativa, pasámoslle un cuestionario para coñecer os seus intereses e decidir os títulos valorando as súas preferencias.

E chegou a primeira sesión, as dúas esperaban con impaciencia o día. Comezamos coa lectura en voz alta de “Siete reporteros y un periódico” de Pilar Lozano Carbayo.